CulturaCulturaGalerías de fotosMúsicaÚltima hora

A particular “bossa” e samba de Fred Martins despide o De Perto no Castro (O Barco)

O cantautor brasileiro actuaba xunto ao violonchelista Segio Menem na noite do 19 de xullo na praza do Castelo

A música de Fred Martins é como un aloumiño. Doce, poética, suave e envolvente, con mensaxes profundas sobre o tempo, o amor, a liberdade, a natureza… Música de alén do Atlántico que soaba co persoal ritmo e estilo deste cantautor brasileiro na antiga praza do Castelo do Castro (O Barco).

 

A concelleira de Cultura do Barco, Margarida Pizcueta, presentando o concerto.

 

Acompañado polo arxentino Sergio Menem ao violonchelo e as guitarras,  Martins comezaba o seu concerto en “De Perto” na noite do 19 de xullo con “Terras do Sen Fin”, unha viaxe polo imaxinario da selva amazónica. Despois ía dando paso, entre breves explicacións a modiño en “carioqués” a temas que transitaban pola música do nordeste do Brasil e conectaban coas súas influencias de península ibérica como “Un fío”, pasando por “Poema Velho”, para entrar despois na bossa nova lembrando a grandes figuras deste xénero como João Gilberto, recentemente falecido.

 

Un dos momentos da actuación na praza do Castelo do Castro (O Barco).

 

O particular estilo de Martins despedía a sétima edición do ciclo “De Perto”, promovido pola Concellería de Cultura do Barco. Nela achegábanse a diferentes lugares do municipio once espectáculos que abordaban a oralidade dende diferentes eidos: o canto, a poesía, a narración, os romances e a música.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button