CulturaCulturaMúsicaÚltima horaVídeos

A particular homenaxe de Acordeireta a Xela Arias

O dúo formado polo acordeonista con orixes en Vilamartín, Alejandro Balbuena e a pandereteira Patricia González pon música ao poema "Monólogo adicto III"

 

Apenas un mes despois de presentar o seu primeiro disco Loitar Cantando, o dúo formado polo acordeonista con orixes en Vilamartín, Alejandro Balbuena e a pandereteira Patricia González, Acordeireta, fai a súa propia homenaxe musical á Xela Arias polo Día das Letras Galegas, coa publicación dun vídeo cun dos seus poemas.

Tal como eles mesmos explican, Alejandro e Patricia decidían formar o dúo de acordeón e pandeireta polo gusto de aprender e de transmitir un sentimento arraigado ás súas raíces pero tamén “por reivindicar temas sociais dos nosos tempos, por homenaxear con música a persoas queridas e admiradas e, sobre todo, para dignificar a nosa lingua e a cultura galega”. Por iso non extraña que precisamente elixiran para musicar o poema Monólogo adicto III “porque fala da nosa lingua”, aseguran.

 

Artigos relacionados

Back to top button