DeportesÚltima hora

A partir de mañá, 2 de maio, poderase saír de casa para facer deporte de forma individual

En poboacións de menos de 5.000 habitantes non se aplicarán as mesmas franxas horarias que no resto

 

Primeiro foron os menores de 14 anos e agora tamén os maiores. Mañá sábado 2 de maio ás 6:00, despois de 48 días de confinamento, os adultos poderán saír de casa para dar un paseo e/ou facer deporte. Entrarán en vigor así as novas medidas de alivio que presentaba onte o ministro de Sanidade, Salvador Illa, no marco da “desescalada” presentada polo presidente do Goberno Pedro Sánchez. Trátase dun novo paso adiante, nos últimos días, que autoriza aos cidadas a saír separados por franxas horarias e idades.

Poderase saír a facer deporte en solitario, mantendo a distancia de seguridade, sen acotamento espacial dentro do propio municipio ou a pasear “cun convivinte” a un kilómetro do domicilio, coas seguintes restriccións horarias:

Paseos e deporte para maiores de 14 anos: de 6:00 a 10:00 e de 20:00 a 23:00 horas.
Saídas de persoas dependentes (acompañadas por un coidador) e maiores de 70 anos: de 10.00 a 12.00 e de 19.00 a 20.00.

Unicamente se poderá facer unha saída ao día e as franxas horarias, servirán para evitar aglomeracións polo que segundo explicou Illa  “non serán de aplicación en municipios de menos de 5.000 habitantes, onde non existe ese risco”, onde a limitación será entre as 6:00 e as 23:00h.

¿Que se pode facer?

  • Actividades deportivas individuais, sen contacto e paseos diarios desde o 2 de maio, unha vez ao día. A práctica de calquera deporte sen contacto, individual, unha vez ao día, e dentro do municipio de residencia.
  • Non se permiten desprazamentos a outros municipios.
  • Saír acompañado dunha soa persoa coa que se conviva a unha distancia máxima de un kilómetro -ou cun coidador e é necesario- e dar un paseo ao día.
  • Exclúese destas actividades a persoas con síntomas de coronavirus ou en corentena.
  • En todas as actividades hai que manter as distancias interpersonais (dous metros recomendados).

Con respecto ao deporte, nesta fase cero da desescalada están permitidos: adestramentos individuais de profesionais e federados. Adestramentos básicos de ligas profesionais (para deporte federado); e actividade deportiva sen contacto (montar en bici, correr, patinar, surf, etc.) sempre que se faga de forma individual e coa protección axeitada (distancia, mascarilla en deportes non acuáticos cando sexa posible, etc.)

Artigos relacionados

Back to top button