ConcellosÚltima hora

A partir do luns a sede da D.O. Valdeorras cámbiase ao centro de Vilamartín

Debido ás obras de reforma da sede actual, os viticultores poderán facer as súas xestións no Centro Socio Cultural Santa Lucía

 

Debido ás obras de reforma da sede do Consello Regulador da Denominación de Orixe Valdeorras, as oficinas do organismo vitivinícola (situadas xunto á estrada N-120) desprazaranse temporalmente ao Centro Socio Cultural e Xuvenil Santa Lucía, situado en Vilamartín, no número 5 da rúa D. Demetrio Macía.

“A partir do luns 16 de maio, os viticultores e os adegueiros que queiran realizar algunha xestión, deberán facelas nestas novas instalacións. Esta situación será temporal, e durará ata que finalicen as obras na sede oficial do Consello Regulador”, tal e como se vén de informar dende esta organismo.

 

Centro Sociocultural Santa Lucía de Vilamartín./ Cedida.

Artigos relacionados

Back to top button