En portadaÚltima hora

A Pasarela O Barco de Moda 2019, nun suplemento do número de outubro de O Sil

Nel aparecen algúns dos participantes no desfile organizado polo Centro Comercial Aberto

Parte superior da portada do suplemento.

 

Durante anos o Periódico O Sil sacou á rúa dúas edicións anuais da súa Revista de Moda para achegar aos seus lectores, non só as últimas tendencias nas tempadas primavera/ verán e outono/ inverno, senón as novidades que se ían producindo no sector.

Nesta ocasión e por segundo ano facémolo a través dun suplemento incluído no número de outubro que xa está á venda en quioscos e librarías. Nel achegamos ao lector as propostas dalgúns dos establecementos de moda e complementos que participaron na Pasarela O Barco de Moda, organizada polo Centro Comercial Aberto O Barco, que se celebraba a mediados de setembro na praza do Concello.

 

O pase de Diana Ortiz co deseño de Jorge Álvarez no pase final do desfile. Foto: Carlos G. Hervella.

 

Nesta segunda edición da pasarela, o CCA decidía ademais apostar por xente da casa tanto para a presentación, por conta do actor barquense Christian Escuredo; como para a posta en escena, con modelos afeccionados; así como para a coordinación que correu a cargo da ex modelo Diana Ortiz, que pechou o desfile cun deseño en negro e prata do creador vianés Jorge Álvarez que convinou cuns zapatos e un clunch en tons morados, en homenaxe ao Centro Comercial Aberto e á noite contra a violencia machista.

Neste monográfico tamén incluímos unha guía de compras con algúns dos comercios asociados ao Centro Comercial Aberto O Barco no que a poboación pode atopar as últimas tendencias en moda, beleza e complementos. A totalidade dos establecementos asociados ao CCA aparecen na contraportada.

Dende aquí damos as grazas a todos os que fixeron posible tanto a celebración da pasarela como a edición do suplemento (asociados, Centro Comercial Aberto O Barco, anunciantes, lectores,… ).

Guía de compras no suplementos O Barco de Moda.

 

Artigos relacionados

Back to top button