ConcellosÚltima hora

A pasarela O Barco de Moda mantense na praza do Concello

A organización, en mans do CCA, decidiu manter a ubicación inicial deste evento que terá lugar o venres ás 21h.

Imaxe do casting de modelos para a Pasarela O Barco Aberto./ Foto: Carlos G. Hervella.

Malia que neste días, e tendo en conta as previsións meteorolóxicas, a organización da Pasarela O Barco de Moda estivo valorando a posibilidade de mudar a súa ubicación, finalmente, nesta mañá tomaba unha decisión e acordaba manter o seu escenario inicial: a praza do Concello do Barco.

Este evento, que promove O Barco Centro Comercial Aberto (CCA), terá lugar mañá venres 20 de setembro ás 21h.

Artigos relacionados

Back to top button