ConcellosO BarcoÚltima hora

A pasarela peonil entre o núcleo do Barco e Viloira permanecerá pechada esta tarde e mañá

O motivo son obras de remodelación do paseo Bienvenido Miguélez que se están levando a cabo

 

A pasarela peonil que comunica a rúa Real con Viloira, no Barco de Valdeorras, permanecerá pechada ao tránsito esta tarde e mañá todo o día, debido ás obras de remodelación do paseo Bienvenido Miguélez. Así o vén de comunicar o Concello barquense que investiu preto de 28.000 euros nesta obra. “Espérase que a colocación de adoquín quede rematada ao longo da xornada de mañá, e que se poda reabrir a pasarela ao tránsito de peóns”, puntualizan dende o Concello.

As obras realizadas consistiron no rasanteo firme de gravilla que formaba o paseo e a colocación de pavimento de adoquín, procurando sempre non alterar o entorno dos xardíns, pero buscando un chan adecuado para o cada vez máis alto tránsito de peóns por este paseo.

O proxecto tamén incluía a rehabilitación do arco da entrada aos xardíns desde a praza Otero Pedrayo, así como os muros que o unen coa Casa Grande. Tanto o arco como o muro atopábanse en malas condicións, e tras os tramitar os preceptivos informes coa Xunta, a súa reparación incorporouse ao proxecto.

Artigos relacionados

Back to top button