OurenseÚltima horaVídeos

A pedra obriga a deter o partido no Coutro entre a UD Ourense e o Fisterra

Pedra no campo ourensán do Couto.

 

Había previsión de tormenta e sarabia e nalgúns sitios cumpriuse. Concretamente na cidade de Ourense, onde unha repentina treboada de auga, vento e pedra caída na tarde deste domingo 13 de xuño, obrigaba a deter o partido que UD Ourense e Fisterra estaban disputando no Campo do Couto.

Corría o minuto 79 xa na segunda parte e o equipo local vencía 2-0, tal como pode verse neste chío colgado pola propia UD Ourense co vídeo do “pedrazo no Couto” como eles mesmos o denominaron.

Minutos despois e co terreo totalmente enchoupado reanudábase o partido que remataba co mesmo resultado favorable para os ourensáns.

 

Artigos relacionados

Back to top button