CulturaCulturaÚltima hora

A película “Live is Life”, do monfortino Dani de la Torre, rodarase este verán en Ourense

O presidente da Deputación, Manuel Baltar, reuniuse cos produtores do filme para comentar os detalles do proxecto

O presidente da Deputación, Manuel Baltar, xunto cos produtores da película. Foto: cedida.

 

Os produtores da película “Live is Life” Toni Novella de 4 Cats Pictures e Luisa Romeo de Frida Films reuníronse o pasado sábado, 11 de xullo, co presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar para comentar os detalles do proxecto. O filme, dirixido por Dani de la Torre e con guión de Albert Espinosa chegará ás salas de cine no 2021 da man de Warner Bros. Pictures España.

Baltar explicou que o apoio ao proxecto “vai na liña na que vimos traballando en apoio de Ourense como plató de cine” e considera que a película “contribuirá, cos seus valores e promoción, a difundir aínda máis o potencial turístico, cultural e patrimonial duns dos entornos máis singulares do mundo”.

“Live is Life”, ambientada nos anos oitenta, narra a historia de Rodri, un mozo catalán que retorna a Galicia no verán para xuntarse cos seus amigos. Sen embargo, os problemas do mundo real comezan a aparecer nas súas vidas, ameazando con separalos e, aferrándose á amizade, planean escaparse na noite de San Xoan en busca dunha flor máxica que, según conta a lenda, pode facer os desexos realidade. Unha aventura que lles fará crecer a través dun camiño cheo de acción, emoción e esperanza e que lles deixará na memoria o recordo de aquel verano no que de fondo sonaba “Live is Life”.

Artigos relacionados

Back to top button