CulturaCulturaÚltima hora

A película “Live is Life. La gran aventura”, este venres en Sober

 

O Concello de Sober proxecta este venres en pantalla xigante a través de ‘Cine da Rúa’ o último filme de Dani de la Torre, a película ‘Live is Life. La gran aventura’.

O pase terá lugar o vindeiro venres 29 de xullo ás 22:30 horas na Praza Campo da Feira de Sober con entrada de balde para quen queira asistir.

 

 

O rexedor soberino, Luis Fernández Guitián, destaca a importancia deste evento por dous motivos. “Dun lado agradecerlle a Dani de la Torre que elixira Sober como un dos escenarios da súa nova película. E en segundo lugar, poder achegar este filme a todos os veciños e veciñas de xeito totalmente gratuíto”, precisa.

O rexedor convida a todos e todas os soberinos e os que nos visiten nesas datas a participar da proxección do filme. “Estamos desexando ver as paisaxes que recolle a película da Ribeira Sacra e do noso Concello en pantalla xigante e en Sober”, remarca.

Artigos relacionados

Back to top button