En portadaGalerías de fotosÚltima hora

A Peña Celtista Vlado Gudelj da Rúa celebra o 25 aniversario

O ex xogador de fútbol bosnio asistía á cea celebrada no Restaurante Peyma

O Real Club Celta de Vigo sempre foi un equipo moi querido dentro e fóra da cidade olívica. Sobre todo na época na que Vlado Gudelj facía vibrar Balaídos. O iugoslavo chegou ao club galego no ano 1991 e converteuse no máximo goleador da segunda división e o terceiro máximo realizador na historia do Celta en primera con 68 goles. E mentres Gudelj marcaba goles converténdose en todo un icono futbolístico, na Rúa fundábase unha peña na súa honra. Unha pandilla que na noite do 1 de decembro celebraba o 25 aniversario.

A actual sede, ubicada no Bar Paco, era o punto de encontro para os asistentes á cea coa que a Peña Celtista Vlado Gudelj da Rúa festexaba os seus vintecinco anos de historia, contando coa presenza do propio homenaxeado. Acompañado polo presidente da Federación de Peñas Celtistas de Galicia, José Méndez, Vlado (delegado do Celta), era recibido polo presidente da peña da Rúa, Alberto, antes de coller rumbo ao Restaurante Peyma onde tiña lugar a cea.

Alí, xuntáronse unhas 33 persoas da contorna, entre eles o resto da directiva (o vicepresidente, Rubén; o secretario, Joaquín; o tesoureiro, Manuel; e os vogais, Pablo e Sebastián), que non quixeron desaproveitar a oportunidade de compartir mesa e conversa co ex futbolista que ten grandes amigos na zona. Á xuntanza tamén asistía o presidente do equipo feminino de baloncesto do Celta.

Como agasallo polo aniversario, tanto o club vigués como a federación de peñas entregaron sendos obsequios á peña que xa locen na sede.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button