CulturaCulturaGalerías de fotosÚltima hora

A perfomance “Olladas”, incluída en enBarcArte, reflexiona sobre a invisibilidade e a pobreza

Esta intervención de DosoFran pode verse cada xoves e sábado ás 21h. ata o 29 de setembro na praza do Príncipe do Barco

 

Calquera pode cruzar ese umbral. Pasar ser unha persoa valorada, ben vestida e cun lugar na sociedade a carecer de ingresos, traballo e fogar, chegando a vivir na rúa e converténdose en invisible para os demais. Ese salto, que lamentablemente sucede a cotío e moi preto de nós, e para o que moitas veces non hai volta atrás, é o que se retrata na perfomance “Olladas” de DosoFran, unha das novidades da segunda edición de enBarcArte, o Festival de Instalacións Artísticas no contexto urbano do Barco.

Esta intervención, inspirada nunha vivencia dos artistas da primeira edición do festival cando se dirixían á sala Abanca para colocar a súa obra, estreábase o 7 de setembro, pero pode verse cada xoves e sábado ás 21h. ata o vindeiro 29 de setembro no exterior da sala de exposición de Abanca, na praza do Príncipe.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button