DeportesÚltima hora

A perteguista Lola Bouza (Adas), quinta no Campionato de España Sub20 de pista cuberta

Lola Bouza, do Club Adas, nunha competición anterior/ Foto: FGA.

 

Cun quinto posto na final saldaba a súa participación no Campionato de España Sub20 de pista cuberta a perteguista Lola Bouza, do Club Adas do Barco. A saltadora, que é a vixente campioa galega absoluta de aire libre en pértega, conseguía nesta competición celebrada o 8 de marzo en Antequera unha marca de 3.55 m., quedando a tan só un centímetro da súa MMT.

A este Campionato de España Sub20 de pista cuberta acudían un total de quince atletas galegas e galegos.

 

Fonte: Federación Galega de Atletismo.

Artigos relacionados

Back to top button