Dentro da representación valdeorresa que acudía o 20 de febreiro ao II Control de Inverno de pista duberta da Federación Galega de Atleismo (FGA) en Ourense estaba Lola Bouza Villar, do Club Adas do Barco.
Esta perteguista facíase co récord galego Sub20 de pista cuberta nesta proba ao conseguir unha marca de 3.56 m, segundo a FGA. Ganaba a proba, na que en segundo lugar quedaba a súa compañeira no club valdeorrés Nerea Fernández, cunha marca de 2.86 m.