DeportesGalerías de fotosÚltima hora

A petanca súmase ás Festas da Santa Rita

A Asociación Petanca Valdeorras organizaba na tarde do 18 de maio o primeiro campionato deste deporte enmarcado nestes festexos do Barco

Primeiro foi nas Festas do barrio barquense do Chao, logo nas do Cristo e, agora, nas da Santa Rita. A Asociación Petanca Valdeorras vén de organizar a súa terceira competición dende a creación desta entidade hai máis de dous anos.

Tiña lugar na tarde do 18 de maio coa participación de xogadores de Valdeorras, pero tamén da veciña comarca do Bierzo. A competición organizábase por tripletas nas pistas do Chao (O Barco) e as tres mellores lograban facerse cun premio.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button