ConcellosÚltima hora

A petinesa Inés Siso celebrou o 1 de maio o seu 100 aniversario, na casa, pero por todo o alto

Tamén recibiu a felicitación da alcaldesa de Petín e ata foron as cámaras da TVG

 

O 6 de decembro de 2019, durante o xantar da XX Festa da Freba de Petín, Inés Siso Fernández, “nai do Quifi” estaba a piques de cumprir cen anos, sendo homenaxeada pola súa familia. Inés naceu o 1 de maio de 1921 “o días das flores” como ela mesma di, é nai de dous fillos e ten seis netos e catro bisnetos. Rodeada dalgúns deles, asistiu orgullosa e cun aspecto estupendo a cita gastronómica do seu pobo, sen sospeitar que ía celebrar o seu centenario en plena corentena.

 

Protección Civil de Petín tamén colaborou na celebración.

 

O día chegou e malia non poder celebralo como quixera, rodeada por toda a súa familia, si foi unha data especial. Con agasallos e felicitacións dos veciños dende as súas casas, ramos de flores, mensaxes de parte da alcaldesa de Petín Raquel Bautista,… Incluso foi a Televisión de Galicia para inmortalizar o momento, contando coa colaboración de Protección Civil de Petín.

Fotos: Protección Civil de Petín

Artigos relacionados

Back to top button