CulturaCulturaÚltima hora

A peza teatral “Caixa Pazpallo…, Caixa do K…”, en Trives o 8 de xuño

Será representada polo Grupo de Teatro Oreteiro ás 20:30h. no Auditorio Julio Vázquez da vila

Con teatro arrancará o mes de xuño en Trives. A función “Caixa Pazpallo…, caixa do K…” chegará á vila o día 8 de xuño da man do Grupo de Teatro Oreteiro de Ourense. Representarase ás  20:30h. no Auditorio Julio Vázquez.

“A Concellería de Cultura do Concello da Pobra de Trives segue apostando por manter unha programación cultural activada, que chegue a todos os públicos e que sexa variada. Desta volta, dende dito departamento de cultura e da man coa Rede de Auditorio da Deputación Provincial de Ourense (reaOU) traemos ao obra teatral “Caixa Pazpallo…, Caixa do K…” , un traballo no que as sorpresas e risas non van deixar de acudir a esta cita”, explican dende esta administración local.

Esta obra amosa, con humor, como por unha caixa de aforros dunha vila calquera pasa moita xente, “e non só para coller ou levar cartos. Historias que se contan, se viven, se sofren e se comparten…”, adiantan dende o Concello trivés.

As entradas para esta obra estarán á venda no Auditorio media hora antes de que dea comezo a función e teñen un prezo de 3€.

Artigos relacionados

Back to top button