CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

A pianista Sara Marianovich dará un curso de preparación para actuacións en público, na Aula UNED, na Rúa

A formación, online e presencial, será o 4 de marzo e incluirá técnicas para superar a ansiedade escénica

Imaxe de arquivo de Sara Marianovich nun concerto na Casa do Río Cigüeño, no Barco. /Foto: Carlos G. Hervella.

 

O vindeiro 4 de marzo a Aula UNED, na Rúa, acollerá un curso moi especial impartido pola pianista serbia, residente no Barco de Valdeorras, Sara Marianovich.

Trátase do curso “Preparación para actuacións en público e superación de ansiedade escénica”,  que vai dirixido a estudantes e músicos profesionais (concertistas e docentes), así como a afeccionados ámúsica, independentemente do instrumento que toquen (incluída a voz) ou do xénero musical ao que se dediquen.

 

 

Será de forma presencial na aula da Rúa e tamén online (en directo e diferido), sendo posible asistir desde calquera parte do mundo e en calquera momento. “Poderán matricularse tamén pais de alumnos de música e público en xeral, que queiran coñecer e profundar no tema”, asegura a propia Sara, adiantando que os temas que aborda este curso son, entre outros, a forza mental, pensamentos e emocións, motivación, obstáculos internos e externos, responsabilidade artística, experiencias negativas e ansiedade escénica. “Unha parte destes ensinos resultan igualmente útiles noutras facetas da vida”, di Sara .

Máis información en matrícula no seguinte enlace: Preparación para actuaciones en público y superación de ansiedad escénica | Extensión Universitaria en Aula de A Rúa | UNED

Artigos relacionados

Back to top button