ConcellosÚltima hora

A pianista trivesa María Domínguez actuará en xuño na súa vila

Dará un concerto o 7 de xuño a partires das oito da tarde no Auditorio Julio Vázquez da Pobra de Trives

Na súa vila natal tocará no vindeiro mes de xuño a pianista trivesa María Domínguez, actualmente afincada en Bélxica. Está especializada na música contemporánea e segue a desenvolver a súa carreira tanto como solista como en diferentes agrupacións orquestrais, de cámara e proxectos interdisciplinares en terras belgas. Na súa traxectoria musical conta con concertos, gravacións, investigacións e varios galardóns e recoñecementos.

Esta gran pianista da que sobresa ademais a súa faceta como creadora e directora artística, chega ao auditorio de Trives o vindeiro 7 de xuño, venres. O concerto dará comezo ás oito da tarde.

As entradas para este evento teñen un prezo de 8 € e estarán a venda desde o 18 de maio na Oficina de Turismo da Pobra de Trives e nas librarías da vila (Librería Estampero e Mi Libro), tamén se poderá mercar a entrada en taquilla no Auditorio o propio día do concerto desde unha hora antes da actuación. O aforo é limitado

Artigos relacionados

Back to top button