CulturaCulturaÚltima hora

A pintura da barquense Lola Doporto, marco da ICC Week en Ourense

 

A VII edición da Semana das Industrias Culturais-ICC Week 2021, organizada pola Deputación de Ourense, comezaba o 13 de outubro tendo como escenario a sala do Centro Cultural Marcos Valcárcel na que se expón “Saudade de Soños” da pintora Lola Doporto, natural de Millarouso.

Así, os cadros e as marionetas desta creadora de Millarouso (O Barco), veñen de converterse en marco destas sesións culturais, o que supón todo un orgullo para Doporto. A xornada inaugural da ICC Week contaba coa presenza dun mago da publicidade, Toni Segarra. Un dos máis importantes publicistas do século XX aportaba a súa visión sobre o negocio. De industria e talento falaban máis tarde dúas ourensás que comparten paixón polo seu traballo, a representante e productora Helena Freijedo e a actriz Sara Casasnovas.

A exposición de Lola Doporto, unha retrospectiva de 38 cadros (de diferentes técnicas e formatos), poderá visitarse ata o vindeiro 21 de novembro no Centro Cultural da Deputación.

Fotos cedidas.

 

Artigos relacionados

Back to top button