ConcellosParada de SilÚltima hora

A piques de rematar as obras da nova EDAR de Valdemiotos (Parada de Sil)

 

O alcalde de Parada de Sil, Aquilino Domínguez, vén de visitas as obras da nova EDAR de Valdemiotos, nese municipio, que están a piques de rematar. A EDAR existente no núcleo de Valdemiotos “estaba a ser insuficiente para o pobo e moitas veces producía desbordamentos que inundan unas fincas que actualmente están en explotación gandeira, xa que se situaba na mesma finca cedida polo propietario fai moitos anos”, explican dende o Concello de Parada de Sil.

Con esta obra solucionarase este problema, di o goberno municipal, “xa que o Concello comprou unha finca para instalar esta nova EDAR (con máis capacidade e máis fácil de efectuar o seu mantemento polo lugar onde está ubicada), despois de asinar un convenio coa Confederación Hidrográfica Miño-Sil, sendo o importe de axudicación da misma 62.000 euros dos que o Concello aporta 15.800 e o resto o Goberno de España a través do MITECO e a CHMS”.

Deste xeito di o alcalde de Parada de Sil “cúmprese outro obxectivo de mellorar os verquidos cunha depuración máis moderna e eficaz”.

Artigos relacionados

Back to top button