DeportesEn portadaGalerías de fotosÚltima hora

A piscina climatizada do Barco, en obras

O Concello pretende ter listos en breve os pregues de condicións para poder sacar a concurso a adxudicación desta instalación deportiva

Dende finais do mes de marzo están en marcha as obras de reparación e mantemento da piscina climatizada municipal do Barco. A intervención consiste, por unha banda, na ampliación do rebosadeiro do vaso da piscina, substitución dos recercados dos ocos, colocación de nova porta de acceso á instalación, renovación dos acabados das duchas e aseos, reparación de sumidoiro de baños e duchas, reparación de sumidoiro de cuberta, tratamento de perdas do vaso da piscina, renovación do corredor entre a piscina e os vestiarios, pintura interior e outra actuacións, segundo consta na documentación do contrato de obras. A duración desta intervención estímase nuns tres meses. Tamén se iniciaban na última semana de marzo as obras de reforma no referente á instalación enerxética da piscina.

Por outra banda, dende o Concello do Barco séguese a traballar na elaboración dos pregues de condicións para poder sacar a xestión da piscina a concurso. “A nosa intención é, paralelamente ao desenvolvemento das obras, sacar a concurso a súa explotación”, indica o concelleiro de Deportes do Barco, Aurentino Alonso.

Artigos relacionados

Back to top button