ConcellosDeportesNataciónO BarcoÚltima hora

A piscina climatizada do Barco podería reabrir en setembro

Así o anunciaba o alcalde barquense, Alfredo García, indicando que nos orzamentos do 2021 xa se inclúe unha partida para ela

Exterior da piscina climatizada do Barco./ Foto: A.R.

 

Setembro esa é a data que prevé o Concello do Barco para a reapertura da piscina climatizada, que leva pechada dende xuño de 2018. Así o anunciaba o alcalde barquense, Alfredo García, nesta mañá durante unha rolda de prensa para presentar os orzamentos municipais do 2021, que serán levados ao pleno de marzo.

“Prevemos que poidamos abrir a piscina climatizada en setembro, xa que ata o verán é practicamente inviable e no verán tampouco parece razoable abrila porque loxicamente a xente irá a que hai ao aire libre”, sinalaba o rexedor barquense.

Neste senso, Alfredo García lembraba que na adxudicación do contrato que realizou o seu día o Concello coa empresa concesionaria, Cativo, inclúese que a administración local debe facer unha “aportación anual para mantemento do equilibrio económico financeiro, concretamente son 96.000 euros todos os anos, que poría o Concello para tela aberta e que representan 8.000 euros ao mes. Polo tanto, nós nos orzamentos xa incluímos unha partida de 32.000 euros por se puidera abrir”.

 

Artigos relacionados

Back to top button