ConcellosO BarcoÚltima hora

A piscina climatizada do Barco, sen data de apertura

Exterior da piscina climatizada do Barco./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Aínda non hai data para a reapertura da piscina climatizada do Barco. Así o sinalaba o alcalde barquense, Alfredo García, na sesión plenaria celebrada na tarde do 1 de outubro no edificio multiusos da vila. Respondendo a unha pregunta formulada polo concelleiro popular Francisco González, o rexedor aseguraba que veñen de manter unha reunión coa empresa concesionaria, cuxo administrador falecía este verán nun tráxico accidente.

“Si temos previsto abrir a piscina, pero non podo dar unha data. Na empresa contraron a unha nova persoa, tivemos unha xuntanza e van ver como afrontan a situación, teñen varias solucións”, indicaba Alfredo García. Ademais confirmaba o remate das obras de mellora realizadas nestas instalacións. “Nos próximos 10-15 días presentaranse as certificacións finais para recibir as obras”, engadía.

Artigos relacionados

Back to top button