OurenseÚltima hora

A piscina e as instalacións deportivas de Tecnópole abren con aforo limitado

En cumprimento coas medidas sanitarias, o aforo estará limitado ao 75% da súa capacidade máxima

Publicidade
Vista do polideportivo do Parque Tecnolóxico de Galicia, Tecnópole.

 

A piscina e a zona deportiva do Parque Tecnolóxico de Galicia, Tecnópole, abriron de novo ao público o pasado xoves, 9 de xullo, con aforo limitado ao 75% da súa capacidade. A reapertura faise en concordancia co protocolo de actuación de medidas fronte á COVID-19. Neste sentido, as duchas do vestiario permanecerán pechadas e só estarán dispoñibles aquelas localizadas no exterior; nos bancos, sinalizáronse as zonas de asento para garantir a distancia de seguridade entre os asistentes e na entrada de cada vestiario o usuario dispón de xel hidroalcohólico e papel. Un control no acceso ás instalacións vixila o cumprimento do aforo e ademáis é obrigatorio respectar a distancia social tanto no edificio como ao aire libre. Este ano os asistentes tampouco poderán facer uso de hamacas ou parasoles.

 

A piscina descuberta de Tecnópole.

 

O director xerente de Tecnópole, Ricardo Capilla, quixo recordar na reapertura a campaña que ten en marcha o parque para adaptarse á nova normalidade e insistiu na “importancia de cumprir a normativa vixente para que entre todos poidamos seguir facendo Tecnópole Virus Free”.

As instalacións deportivas do parque ocupan unha superficie duns 16.000 metros cadrados e inclúen, ademáis da piscina descuberta, dúas canchas de tenis e unha pista polideportiva. As instalacións están a disposición de calquera particular, familia ou grupo ademáis das persoas que traballan no parque e permanecerán abertas ata o vindeiro día 8 de setembro.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button