DeportesÚltima hora

A piscina Rosario Dueñas de Ourense acolle o campionato galego de inverno de natación artística

A competición celebrarase este sábado, 26 de xaneiro, en xornada de tarde
O Club Sincro Ourense facendo unha coreografía.

Este sábado 26 de xaneiro celebrarase na Piscina Rosario Dueñas de Ourense, o campionato galego de inverno de natación artística nas categorías de base.

Organizada conxjuntamente pola Federación Galega de Natación e o Club Sincro Ourense, a competición comezará a partir das 16:45 horas e contará coa participación de case 300 nadadores de 8 clubs galegos. Haberá competición de rutinas libres combinadas nas categorías de base 1, na que competirán 5 formacións; base 2, con 7 grupos; e base 3, onde serán 8 as rutinas en competición. O club anfitrión, o Sincro Ourense, estará presente nas tres probas que se disputarán.

 

Cartel da competición de natación artística.

Artigos relacionados

Back to top button