OurenseÚltima hora

A piscina Rosario Dueñas de Ourense acolle o galego de natación Júnior e Absoluto de verán

A proba máis importante da natación galega celébrase os días 16, 17 e 18 de xullo

Presentación do campionato na Piscina Rosario Dueñas de Ourense.

 

As competicións oficiais regresan esta fin de semana á piscina municipal Rosario Dueñas de Ourense co Campionato Galego de Natación Júnior e Absoluto de verán.

Así, un mes despois de que co temporal que sacudiu a cidade, voase parte da cuberta da piscina, o Club Natación Pabellón Ourense xunto co Consello Municipal de Deportes de Ourense e a Federación Galega de Natación sacan adiante o Campionato Autonómico máis importante da natación galega que se celebrará os días 16, 17 e 18 de xullo.

O formato de dito campionato vese modificado para garantir as medidas Covid polo que, as tres xornadas do campionato vanse dividir en seis sesións, tres para a categoría masculina (venres mañá/tarde e sábado mañá) e tres para a categoría feminina (sábado tarde, domingo mañá/tarde), cun total de case 300 participantes pertencentes a 21 clubs.

Este campionato vai marcar as posicións no ranking nacional de cara a participar nos Campionatos de España Absoluto e Júnior.

 

Artigos relacionados

Back to top button