DeportesÚltima hora

A pista de patinaxe abrirá as portas en Viana do Bolo do 4 ao 9 de decembro

Estará instalada no pavillón municipal e o horario de uso será de 16 a 21 horas
Pista de patinaxe sobre xeo.

Como nos últimos anos Viana do Bolo dará a benvida ao mes de decembro sobre xeo. O pavillón municipal acollerá do 4 ao 9 de decembro, de 16 a 21 horas, unha pista de patinaxe con simuladores, inchábeise e ata un toro mecánico. Tal como informan dende o Concello a entrada custará 4 euros e poderanse recoller vales de desconto de 1€ (máximo un por persoa e día) nas oficinas municipais os días 29 e 30 de novembro e 3 e 4 de decembro.

Con esta actividade, organizada por Mantesil, o Concello abre as actividades de Nadal neste concello, cuxo programa será presentado oficialmente o día 3 de decembro, esperando que “maiores e nenos desfrunten, nesta ponte, coa pista e demais actividades”, aseguran dende a concellería de Cultura.

 

Artigos relacionados

Back to top button