OurenseÚltima hora

A placa de cinto de Santomé, “Peza do Mes” número 200 no Museo Arqueolóxico de Ourense

A súa presentación está prevista para esta tarde de 13 de febreiro ás 20h. na sala da exposición “Escolma de Escultura” en San Francisco (Ourense)
Placa de cinto de época romana procedente das excavacións do Conxunto arqueolóxico-natural de Santomé en Ourense../ Foto: Fernando del Río.

Cúmprense 20 anos dunha iniciativa que o Museo Arqueolóxico de Ourense desenvolve para “conservar, estudar e difundir as ricas e variadas coleccións deste museo, consolidando así un proxecto de gran dimensión social, ofrecendo múltiples horizontes interpretativos e novas dinámicas de aproximación e interpretación do patrimonio moble conservado nel”. A “Peza do Mes” está de aniversario e isto coincide ademais coa presentación da número 200.

A peza que inauguraba esta iniciativa divulgativa en febreiro 1999 era coitelo z “Tipo Simancas”, procedente do Conxunto arqueolóxico-natural de Santomé (Ourense). Agora o museo escolle outro elemento procedente dese mesmo xacemento, ligado ao mundo Baixo Imperial: unha placa de cinto de forma rectangular.

Este singular elemento está fabrico “á cera perdida con decoración calada de estilizacións de rolos vexetais, enmarcada nun friso de “sss” nos lados maiores e flanqueada nos extremos por liñas incisas. A presenza de catro soportes anelados pon de manifesto que a unión da placa á fibela se levaría a cabo por medio dunha bisagra. No reverso presenta dous botóns “arroblonados” para amarrar a placa ao material do cinto. Dadas as súas características, é de supor que a fibela sería das chamadas do tipo cornuda“, tal e como indica o investigador Xulio Rodríguez González, director do museo, na publicación sobre a peza que edita cada mes esta institución.

Compoñentes de cintos como este, engade, “manifestan a relevancia social do que foi o seu propietario e a súa posible pertenza a unha elite de certo prestixio no desenvolvemento de importantes funcións administrativas, motivo polo que eran portadores de obxectos cunha forte carga simbólica que fai refencia a súa posición social”.

Será precisamente Xulio Rodríguez quen presente hoxe mércores 13 de febreiro ás 20 h esta “Peza do Mes” número 200 na sala da exposición “Escolma de Escultura” en San Francisco (Ourense). Ademais dende o museo adiantan que “con motivo da celebración de 20 anos/200 Pezas do mes, agasallaremos a todos os asistentes co catálogo da exposición Escolma de escultura“. A entrada será libre ata completar aforo.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close