ConcellosÚltima hora

A Plataforma contra a A-76 presenta denuncia na Comisión Europea

Ademais pretenden reunirse co presidente da Xunta de Galicia e co Valedor do Pobo
Logotipo da plataforma.
Logotipo da plataforma.

A Plataforma contra a Autoestrada A-76 pola Ribeira Sacra vén de presentar denuncia ante a Comisión Europea elevando unha queixa contra España “por incumprimento do dereito comunitario de protección do medio e ás persoas no relativo á aprobación do trazado da Autovía A-76 e, singularmente, no trazado mixto coñecido como Alternativa Ourense 9”. Así o anunciaba esta entidade a través dun comunicado o 18 de outubro.

Tamén informaban de que na denuncia “sinálase especificamente a afectación grave e permanente dun ámbito paisaxístico referencial como é o da Ribeira Sacra, publicamente promovido como candidata a ser declarada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO”.

Ao mesmo tempo, dende esta plataforma estanse a xestionar reunións co presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo e co Valedor do Pobo, José Julio Rodríguez, entre outras autoridades, co fin de dar a coñecer “o risco que corre a Ribeira Sacra debido ao trazado proxectado da A-76”.

Artigos relacionados

Back to top button