ConcellosÚltima hora

A plataforma en defensa do partido xudicial valdeorrés ve positivas as declaracións do ministro

Á espera do que decida a coordinadora de plataformas, nun principio seguiranse mantendo as concentracións dos xoves diante dos xulgados do Barco
Concentración da Plataforma en defensa do partido xudicial valdeorrés na mañá do 16 de outubro./ Foto: Ángeles Rodríguez.
Concentración da Plataforma en defensa do partido xudicial valdeorrés na mañá do 16 de outubro./ Foto: Ángeles Rodríguez.

De maneira positiva valoraba o voceiro da Plataforma en defensa do Partido Xudicial de O Barco as declaracións realizadas o 15 de outubro polo ministro de Xustiza, Rafael Catalá, sobre o anteproxecto da Lei Orgánica do Poder Xudicial. Así o explicaba no mediodía do 16 de outubro na concentración que se vén realizando cada xoves para pedir que se manteñan os xulgados do Barco.

“É un volco importante na situación, en tanto que isto suporía que o Ministerio de Xustiza non sacase adiante o anteproxecto actual que implicaría a desaparición dos xulgados coa creación dun xulgado único provincial. Aínda que non se fala expresamente da retirada do anteproxecto, o que si se di é que se farían modificacións mantendo os partidos xudiciais, a distribución tal e como está configurada agora. En principio penso que a noticia é boa”, aseguraba José Antonio Iglesias.

Ademais na concentración apuntábase que agora se abre un período de “impasse”, no que, en principio, se vai continuar coas concentracións dos xoves no Barco, pero estando pendentes de en qué se concretan esas declaracións e tamén á espera do que decida a coordinadora de plataformas, da que forma parte a barquense.

Artigos relacionados

Back to top button