SanidadeÚltima hora

A Plataforma Pediatría de Maceda reúne máis de 900 sinaturas

Os seus integrantes, que teñen solicitada unha entrevista coa xerencia, entregábanas no CHUO
Representantes da plataforma na entrada do CHUO./ Foto cedida.
Representantes da plataforma na entrada do CHUO./ Foto cedida.

Representantes da Plataforma Pediatría de Maceda facían entrega na mañá do 13 de novembro de máis de 900 sinaturas no Centro Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO). Comezaban a recollelas a primeiros de novembro debido ás “reiteradas deficiencias de atención da Pediatra que consulta polas mañás no Centro de Saúde de Maceda”.

Ademais os integrantes da Plataforma solicitaron unha entrevista coa Xerencia de Xestión Integrada de Ourense e están pendentes de que os reciban en próximas datas. “Estas máis de 900 firmas que foron recollidas en poucos días representan aproximadamente un 20% da poboación correspondente a esta área de saúde”, explican dende a Plataforma.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close