ConcellosÚltima hora

A Plataforma Pro-A 76 convidará á ministra de Fomento á vindeira asemblea

Este acordo tomábase na mesa de seguimento que se reunía na tarde do 4 de novembro no Barco
Reunión da Mesa de seguemento da Plataforma Pro-A-76 no Barco./ Foto: Carlos G. Hervella.
Reunión da Mesa de seguemento da Plataforma Pro-A-76 no Barco./ Foto: Carlos G. Hervella.

Solicitar ao Ministerio de Fomento que manteña o compromiso da licitación dos dous primeiros tramos da Autovía A-76 (Ponferrada -Ourense) antes do remate do 2014. Era un dos principais acordos tomados na Mesa de seguemento da Plataforma a favor da A-76 que se reunía na tarde do 4 de novembro no Concello do Barco. Ao encontro, convocado pola Asociación Empresarial de Valdeorras (AEVA) e polo Círculo Empresarial Leonés (CEL), acudían ademais de representantes empresariais das comarcas de Valdeorras, Lemos e O Bierzo, os alcaldes de Monforte de Lemos, O Barco e Ponferrada.

O presidente de AEVA, Javier Rodríguez, na rolda de prensa que seguíu á reunión./ Foto: Carlos G. Hervella.
O presidente de AEVA, Javier Rodríguez, na rolda de prensa que seguíu á reunión./ Foto: Carlos G. Hervella.

Outro punto aprobado na xuntaza foi “solicitar unha entrevista co novo secretario de Estado de Infraestruturas, Julio Gómez Pomar, para plantexarlle as dúbidas que temos sobre a infraestrutura e para ver como é o seguemento, cómo se vai a seguir cos prazos”, sinalaba o presidente de AEVA, Javier Rodríguez.

Asemade a mesa acordaba convidar á ministra de Fomento, Ana Pastor, á próxima reunión da Plataforma da A-76, que se convocará en torno ao mes de febreiro do vindeiro ano en Ponferrada.

Empresarios e alcaldes, na rolda de prensa que seguíu á reunión da mesa./ Foto: Carlos G. Hervella.
Empresarios e alcaldes, na rolda de prensa que seguíu á reunión da mesa./ Foto: Carlos G. Hervella.

Ao termo do encontro os alcaldes tamén descataron o clima de consenso que vén caracterizando cada unha das reunións dende a creación desta entidade. “Hai unha unanimidade de criterio, estamos todos dacordo no fundamental. O tempo esgótase, xa que estamos rematando o ano 2014, e esperamos que o ministerio cumpra a súa promesa e licite os dous primeiros tramos da autovía”, destaca o alcalde barquense, Alfredo García.

Artigos relacionados

Back to top button