A Plataforma Pro-A 76 incide na petición de que se liciten os dous primeiros tramos neste ano

A comisión de seguimento desta plataforma reuníase na tarde do 16 de xuño no Concello de Monforte de Lemos
Reunión da comisión de seguemento da Plataforma Pro-A76 en Monforte./ Foto: Carlos G. Hervella

Reunión da comisión de seguemento da Plataforma Pro-A76 en Monforte./ Foto: Carlos G. Hervella

Reiterar a petición de que se saquen a licitación neste ano os dous primeiros tramos da Autovía A-76 (Ponferrada-Ourense): os de Toral de los Vados-Requejo e A Veiga de Cascallá-O Barco de Valdeorras. Era o acordo que tomaba a comisión de seguemento da Plataforma en defensa da A-76 na xuntanza celebrada na tarde do 16 de xuño en Monforte de Lemos (Lugo), tal e como facía público o presidente da Asociación Empresarial de Valdeorras (AEVA), Javier Rodríguez Paradelo, na rolda de prensa posterior ao encontro.

De seguido, tomaban a palabra os tres alcaldes que forman parte desta comisión (xunto cos representantes das asociacións empresariais de Valdeorras, do Bierzo e de Lemos): os de Ponferrada, O Barco e Monforte de Lemos. Os tres coincidían no gran interese das comarcas do Bierzo, Valdeorras e Lemos en que esta infraestrutura sexa unha realidade o antes posible. “Custounos moito chegar ata aquí e entendemos que non debemos admitir xa máis retrasos”, sinalaba o rexidor ponferradino, Samuel Folgueral.

Pola súa banda, o alcalde barquense, Alfredo García, resaltaba que “a autovía é irrenunciable para as tres comarcas e o acordo que hoxe sae de aquí é pedir que o Ministerio de Fomento cumpra co seu compromiso de licitar este ano os dous tramos comprometidos, algo que esperamos que faga porque tamén se comprometeu a aprobar o proxecto e aprobouno”.

Nesa mesma liña, o alcalde de Monforte de Lemos, Severino Rodríguez, apuntaba que “seguimos todos co mesmo plantexamento, non hai ningún motivo para que non se poda iniciar esa licitación, algo que implicaría xa un paso definitivo para comezar a obra o máis pronto posible”.

Con respecto ás peticións dalgúns colectivos para que se abra de novo o prazo de alegacións da autovía en diversos tramos, os representanes da comisión desta Plataforma en favor da A-76 indicaban que “iso é algo que ten que definir o propio Ministerio de Fomento, que é quen expón ao público e quen sabe se iso se fixo correctamente ou non”.

Texto: A.R./ Monforte de Lemos

Máis información na vindeira edición en papel do Periódico O Sil

Rolda de prensa posterior á reunión./ Foto: Carlos G. Hervella

Rolda de prensa posterior á reunión./ Foto: Carlos G. Hervella

Scroll To Top

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies