Nos próximos días concretarase a data da reunión entre os representantes da Plataforma en defensa da autovía A-76 (Ponferrada-Ourense) e o secretario de Estado de Infraestructuras, Julio Gómez-Pomar. Así se anunciaba dende a citada plataforma. A iniciativa de solicitar un encontro co novo secretario xeral acordábase na reunión que a mesa de seguimento desta entidade mantiña a primeiros de novembro no Barco. Tras o encontro remitíase unha carta solicitando unha reunión con Gómez-Pomar, que agora vén de se respostada dende o Ministerio de Fomento.
Nese senso, a comisión de seguemento da Plataforma Pro-76 quere expresar “públicamente a súa satisfacción pola rápida resposta, e a súa confianza na vontade do Ministerio de cumprir os prazos comprometidos para licitar, no ano 2014, a execución da redacción dos proxectos dos tramos Villamartín de la Abadía-Requejo e A Veiga de Cascallá-O Barco de Valdeorras”.
Máis información na vindeira edición en papel do Periódico O Sil