SanidadeÚltima hora

A Plataforma Sanitaria de Valdeorras apoiará as manifestacións da Rúa e de Santiago

A da vila valdeorresa está prevista para o vindeiro 1 de febreiro ás 16:30h.

 

O salón de plenos do Concello do Barco acollía na tarde do 22 de xaneiro a primeira asemblea deste ano 2020 da Plataforma Sanitaria de Valdeorras, da que forman parte representantes de sindicatos, asociacións e organizacións políticas da comarca, así como membros da Xunta de Persoal do Hospital Comarcal de Valdeorras.

No encontro a plataforma comprometíase, “unha vez máis, a seguir traballando a nivel local e comarcal para recuperar recursos e conseguir estruturas sanitarias e profesionais suficientes para dispoñer dunha atención sanitaria digna, tanto no que atinxe á Atención Primaria como na hospitalaria”.

Neste senso, respaldará accións reivindicativas como a manifestación convocada para o vindeiro 1 de febreiro na Rúa para pedir un novo centro de saúde. A marcha partirá ás 16:30h. dende o Centro de Saúde e rematará na praza do Concello coa lectura dun manifesto. “Dende O Barco sairemos en caravana de coches dende o hospital ás 15.45 horas”, sinalan dende a plataforma.

 

 

Por outra banda, esta entidade respaldará a mobilización que SOS Galicia convoca na defensa da Sanidade Pública o día 9 de febreiro, ás 12 horas, en Santiago de Compostela. “Chamamos a xente a asistir a esta manifestación na que comprometeron a asistencia todos as plataformas das vellas áreas sanitarias.  A Platafoma Sanitaria de Valdeorras porá a disposición dos veciños autobuses. Os teléfonos para reservar prazas son: 630731130 / 649955218. Tamén haberá un buzón no edificio vello do Concello de O Barco”, segundo informa a plataforma.

 

Artigos relacionados

Back to top button