Galerías de fotosSanidadeÚltima hora

A Plataforma Sanitaria de Valdeorras, na manifestación en Santiago en defensa da sanidade pública

 

Milleiros de persoas manifestábanse o domingo 9 de febreiro en Santiago “contra o deterioro da Atención Primaria e o desmantelamento e peche de servizos nos hospitais públicos”, así como “contra as listas de espera inaceptables e a precariedade do persoal na sanidade pública”.

Entre os asistentes a esta marcha, que partía ao mediodía dende a Alameda, había unha ampla representación da Plataforma Sanitaria de Valdeorras, así como da Plataforma Sanitaria da Rúa, que levou tamén a súa reivindicación dun novo centro de saúde para este concello. Un total de 3 autobuses saían da comarca para participar neste acto reivindicativo.

 

A manifestación, convocada por SOS Sanidade Pública, concluía xunto á catedral coa lectura dun manifesto baixo a chuvia. Entre os participantes había tamén representantes de diferentes partidos políticos e centrais sindicais, así como doutras plataformas sanitarias galegas como a de Verín.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close