SanidadeÚltima hora

A Plataforma Sanitaria de Valdeorras pide que se manteñan as dúas prazas de médico no Centro de Saúde de Rubiá

Tamén anuncia o seu apoio ás accións reivindicativas que os veciños deste municipio pretenden iniciar para seguir con dous médicos de familia
Panorámica da localidade valdeorresa de Rubiá.

Nun comunicado emitido na tarde do 26 de outubro a Plataforma Sanitaria de Valdeorras pide que se manteñan as dúas prazas de médico no Centro de Saúde Rubiá. Esta entidade considera que a perda dunha desas prazas é “unha nova agresión aos valdeorreses que cada día que pasa soportamos peores servizos públicos. A Plataforma Sanitaria de Valdeorras está cos veciños de Rubiá na defensa dos seus dereitos e apoiará todas as medidas que consideren oportunas para non perder o segundo médico de familia”.

No seu comunicado a Plataforma Sanitaria de Valdeorras asegura que “a Xunta xa suprimiu un médico de familia en A Veiga, e intentou o mesmo no concello de Vilamartín. Tamén quixo desfacerse dun pediatra en Trives. E agora quere deixar o concello de Rubiá cun só facultativo dos dous que até o de agora viñan atendendo aos veciños dun concello con serias carencias de asistencia”.

Asemade esta plataforma amosou o seu respaldo ás diversas accións que os veciños de Rubiá teñen previsto iniciar “para concienciar da agresión que significa este feito de perda de recursos asistenciais”.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close