SanidadeÚltima hora

A Plataforma Sanitaria de Valdeorras promoverá unha caravana dende O Barco para asistir á manifestación da Rúa

Este acto reivindicativo terá lugar o 1 de febreiro e comezará no Centro de Saúde ás 16:30h.

Imaxe da última asemblea da Plataforma Sanitaria de Valdeorras no Barco./ Foto: O SIL

 

O punto de encontro será o Hospital de Valdeorras ás 13:45h. do vindeiro 1 de febreiro. Dende aí está previsto que saian en caravana os vehículos das persoas que se despracen ata A Rúa para participar na manifestación prevista o vindeiro sábado neste municipio en defensa da sanidade pública e para pedir un novo centro de saúde. Esta medida acordábase na asemblea que a Plataforma Sanitaria de Valdeorras  celebraba o pasado 22 de xaneiro no Barco.

Nesta mesma xuntanza aprobábase apoiar e participar na citada manifestación está convocada pola Plataforma Sanitaria da Rúa “comarca para reclamar non só un novo centro de saúde para esta localidade ruesa senón tamén melloras na atención do hospital comarcal”, segundo os seus voceiros.

Esta manifestación sairá ás 16:30h. diante do Centro de Saúde e percorrerá as rúas da vila ata a Praza Miguez Freire diante da Casa do Concello, onde se proceda á lectura dun manifesto, “no que se reivindicarán melloras na atención primaria, no hospital comarcal e a construcción dun novo centro de saúde na vila ruesa que levan 20 anos anunciando”.

A Plataforma Sanitaria ruesa fai un chamamento a participar a todos os veciños da comarca, asociacións, partidos políticos e entidades de todo tipo xa que consideran que a “merma na atención sanitaria na comarca de Valdeorras afecta a todos os habitantes”.

Artigos relacionados

Back to top button