SanidadeÚltima horaVídeos

A Plataforma Sanitaria de Valdeorras reivindica a sanidade pública na visita do presidente da Xunta á Rúa

 

Cunha pancarta co lema “Na defensa dos servizos públicos, non aos recortes dos nosos dereitos” a Plataforma Sanitaria de Valdeorras recibía, fronte ao Concello da Rúa, ao presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, na visita que realizaba neste mediodía de 14 de febreiro a este municipio valdeorrés.

Ademais os manifestantes coreaban cánticos reivindicando o novo centro de saúde rues. En concreto, preguntábanse onde están os terreos nos que se vai edificar este novo centro de saúde, tras o convenio asinado a finais de xaneiro entre o Concello, a Deputación de Ourense e a Consellería de Sanidade.

Con respecto a este tema, o presidente da Xunta de Galicia aseguraba na recepción oficial no Concello que “en canto se teñan os terreos, se licitará o proxecto de construción do novo centro de saúde”.  Esta afirmación tamén a plasmaba por escrito no libro de visitas do Concello da Rúa.

 

 

 

Artigos relacionados

Back to top button