En portadaÚltima hora

A Plataforma Sanitaria de Valdeorras volverá a mobilizarse

Iniciará unha campaña informativa polos concellos e apoiará a manifestación que se celebrará en xaneiro na Rúa en demanda dun novo Centro de Saúde

 

Na tarde do 11 de decembro a Plataforma Sanitaria de Valdeorras, que se reactivaba hai apenas quince días, celebraba unha asemblea aberta na que se abordaba a estratexia a seguir na defensa da sanidade pública e do Hospital Comarcal Valdeorras.

Os asistentes, de diferentes concellos de Valdeorras e tamén da comarca trivesa, plantexaban cuestións como a importancia de mobilizar novamente á poboación e, para iso, vaise realizar unha serie de charlas informativas polos diferentes concellos que integran o distrito para explicarlle cal é a realidade sanitaria na zona aos veciños, así como “os recortes realizados na mesma”.

Ademais desta campaña divulgativa, colocarase cartelería informativa nas rúas e a plataforma ten previsto realizar diversas mobilizacións. Tanto o calendario das charlas polos concellos como os actos reivindicativos concretaranse nunha nova asemblea que se celebrará despois das vacacións do Nadal, o vindeiro 15 de xaneiro.

Tamén se acordaba apoiar á manifestación que se celebrará en xaneiro na Rúa para reivindicar un novo centro sanitario e continuarase apoiando á plataforma sanitaria de Verín, que segue mobilizándose tras o peche do paritorio do seu hospital.

 

Artigos relacionados

Back to top button
Close