CulturaCulturaÚltima hora

A Pobra de Trives organiza a Bicandaina, o I Sendeiro Nocturno Teatralizado deste verán

Terá lugar este mércores, día 24 de xullo, e sairase dende a Oficina de Turismo ás 21:00 horas

O Concello de Trives organiza uns roteiros nos que se mistura natureza e teatro. Así, mañá, día 24 de xullo terá lugar a Bicandaina, o I Sendeiro Nocturno Teatralizado deste verán.

 

Cartaz.

 

Sairá dende a Oficina de Turismo (en Santa Leonor), facendo unha ruta polo bosque acompañada de animación. O percorrido será duns 6 km., en dirección á Ponte Cabalar, rematando novamente en Santa Leonor. Este roteiro anunciará, dalgún xeito, a Festa da Bica.

 

Foto: Concello de Trives.

 

Dende a organización recomendan levar roupa e calzado cómodo ademais de lanterna, xa que aínda que o percorrido comeza de día, a noite caerá na metade da actividade. O grupo irá en todo momento acompañado dun guía e do operativo de Protección Civil.

A actividade ten un prezo de 3 euros e as prazas están limitadas a 100 participantes. Para inscribirse é preciso dirixirse á Oficina de Turismo da Pobra de Trives (988 33 09 67).

 

Artigos relacionados

Back to top button
Close