CulturaCulturaÚltima hora

A Pobra de Trives, un dos escenarios da nova novela de Juan Álvarez López

O autor, barcelonés con orixes nas terras trivesas, presenta "Piedra, papel y Zobeira"

Juan Álvarez ten orixes na Pobra de Trives.

 

Un ano despois de publicar La sonrisa de la huida (Libros Indie), Juan Álvarez López (Barcelona, 1974), volve ao escenario literario cunha nova novela de misterio inspirada, entre outros lugares, na comarca de Terras de Trives onde ten parte das súas orixes.

En Piedra, papel y Zobeira (Ed. Libros Indie) a intriga e o misterio conxúganse con feitos reais, mesturando os vestixios romanos na Vía Nova do Itinerario de Antonino coa música á que se adica o seu protagonista, Félix, un músico de ficción que formou parte das mellores bandas americanas e que regresa a España, contando unha historia con sorprendentes e dispares escenarios. Desde o seu Calahorra natal, á cal nos transporta con recordos de infancia e mocidade; a Newark (EE.UU.), o escenario dos seus días dedicados ao mundo da música profesional. O Campo de Calatrava e as Terras de Trives (o paraíso terreal segundo o autor), serán outros dos puntos clave do argumento desta novela, dotando a cada páxina dunha personalidade moi propia.

Aínda que naceu en Barcelona e actualmente reside en Calzada de Calatrava (Ciudad Real), Juan é fiel ás súas orixes, así como aos seus veráns en Pena Folenche, escenarios que quedan perfectamente unidos neste libro “confeccionado para os amantes da lectura” e “concebido para o entretemento”.

 

Portada do libbro.

 

Artigos relacionados

Back to top button