A Pobra de BrollónConcellosÚltima hora

A Pobra do Brollón suspende todos os eventos debido aos brotes de Covid nos concellos limítrofes

Tamén reduce a atención no fogar de Servizos Sociais

 

Redúcese a atención no fogar de Servizos Sociais e suspéndense os eventos culturais organizados polo Concello da Pobra do Brollón como medida de precaución ante os brotes de Covid-19 detectados nos últimos días en concellos limítrofes.

O servizo de atención no fogar limitarase aos casos de maior necesidade de forma cautelar ante a situación da residencia de maiores do Incio. Ademais, a cancelación de eventos afecta ao torneo de picadiscos Pratos e Discos que continuaba este venres. Polo que o evento posporase ata novo aviso.

“Dende o Concello non temos constancia polo de agora de ningún contaxio dentro do noso municipio, pero sabemos que o virus non entende de fronteiras polo que tomamos esta medida cautelar ata que se estabilice a situación,” aclara o alcalde Xosé Lois Maceda.

Artigos relacionados

Back to top button