OurenseÚltima hora

A poesía circulará o sábado 19 de setembro pola mañá nas liñas de autobús de Ourense

A Bela Auria, que se celebrará ese mesmo día na praza do Bispo Césareo, promove a actividade “NÓS urbanos” que converterá os autobuses da cidade en arterias literarias

Celebrando A Bela Auria.

 

O vindeiro sábado 19 de setembro celebrarase na praza do Bispo Césareo, en Ourense, a actividade “NÓS urbanos” promovida por A Bela Auria e que converterá os autobuses da cidade en arterias literarias.

Antía Balvís, Carlos da Aira, Tamila Alem e Ori Darko, serán os encargados de levar a celebración de NÓS aos barrios do Vintenún, O Couto, Barrocás e Mariñamansa. Forman parte dunha xeración de poetas que emerxe e dinamiza a cidade, que como sempre se fixo nas xeracións literarias da Auria, xuntan tamén o seu talento ao evento. Desde as 12h. tomarán varias liñas de autobús, enchéndoas de poesía e anunciando e contaxiando do espírito festivo da xornada, para rematar ao redor das 14:30h. na parada da Alameda.

 

Unha das poetas que participará na festa.

 

Así, a praza do Bispo Cesáreo será desde ao mediodía o epicentro cultural da cidade, que volverá por unhas horas ao esplendor dos anos vinte do século pasado. O espazo acollerá xogos tradicionais, área de lecer e enredos para cans, un mercado creativo, e recunchos con lembranzas da historia da cidade, como o antigo Hotel Roma, os cafés cantantes, o Castelo de Ramiro ou a sanguinaria familia dos Cadórniga. O conxunto, “un universo mítico, máxico e plástico”, fará viaxar ás visitantes ao Ourense clásico. Para acceder ao recinto non se require reserva de entrada.

O programa inclúe ademais unha oferta para todas as idades e públicos. Concertos, teatro, cine, contacontos, ou obradoiros, sucederanse para celebrar o centenario de NÓS. estas actividades si requiren reserva de entrada para cumprir cos aforos de seguridade Covid. Nese senso, os promotores da festa chaman a “contaxiar seguridade”, e apelan aos
asistentes a tomar as medidas reventivas individuais fronte ao virus. “Queremos festa, pero sen descoidar a seguridade. A responsabilidade
depende de todas”, aseguran.

Artigos relacionados

Back to top button