Galerías de fotosÚltima hora

A “Poesía No Camiño” do Barco, en imaxes

Seguindo a ruta do Camiño de Inverno polo casco antigo do Barco ata o Malecón, desenvolvíase a singular proposta “Poesía No Camiño Xacobeo 21“, enmarcada na programación do SilFest Valdeorras.

Achegamos un percorrido en imaxes por este traxecto poético que tiña lugar na tarde do 5 de xullo e que se ía intercalando con paradas nas que os participantes reciban ou lían diversos poemas en lugares emblemáticos como a zona da Capitana ou o Porto da Barca, entre outros.

Fotos: Laura Fernández (as catro primeiras da galería)/ cedidas.

Máis información e fotos:
https://osil.info/entre-versos-dende-san-roque-ao-malecon-barquense-polo-camino-de-inverno/

Artigos relacionados

Back to top button