CulturaCulturaÚltima hora

A poetisa barquense Fátima N. Delgado participará nunha residencia creativa no Camiño de Santiago

A peregrinación desenvolverase entre o 8 e o 22 de outubro entre o Cebreiro e Compostela

A poeta barquense Fátima N. Delgado. /Foto: Mónica G. Bellver.

 

Coa idea de “actualizar o legado da Poesía Trovadoresca Galego-Portuguesa caracterizada polo influxo da lírica provenzal e doutras influencias que coma a sufí chegaron a Galicia polos Camiños Franceses” xurdían, da man da Fundación Uxío Novoneyra, as residencias poéticas itinerantes no Camiño de Santiago, Ámeto (Ámbito) Mítico.

Trátase dunha iniciativa na que cinco poetas realizarán unha peregrinación guiada seguindo as rutas do libro Arrodeos e Desvíos do Camiño de Santiago de Novoneyra, entre os que está a barquense Fátima N. Delgado, a única galega elixida para o proxecto entre as solicitudes recibidas.

A peregrinación desenvolverase entre o 8 e o 22 de outubro entre o Cebreiro e Santiago de compostela e durante o percorrido, os participantes escribirán poemas e farán lecturas e obradoiros de poesía nas bibliotecas de catro concellos do Camiño. O proxecto conta con financiamento do programa “O Teu Xacobeo” que convocou a Xunta de Galicia como preámbulo da promoción do Xacobeo 2021.

Artigos relacionados

Back to top button