OurenseÚltima hora

A Policía Autonómica levaba a cabo 36 dispositivos na provincia esta fin de semana

Ao abeiro destes controis, os axentes realizaron 63 inspeccións en 4 concellos ourensáns. Neles identificaron a 476 persoas e tramitaron 8 denuncias

Un dos operativos da Policía Autonómica montados a pasada fin de semana na provincia.

 

Durante esta fin de semana os axentes da Policía Autonómica levaban a cabo 36 dispositivos na provincia de Ourense no marco do plan de actuacións específicas destinadas á prevención, inspección e control do cumprimento das medidas adoptadas polas autoridades competentes polo Covid-19. Ao abeiro destes controis, os axentes realizaron 63 inspeccións nos concellos de  Ourense, Boborás, O Carballiño e Verín na pasada fin de semana, nos que se identificaron a 476 persoas e se tramitaron 8 denuncias.

En base a este Plan, a Policía Autonómica destinou efectivos entre o 16 ao 18 de outubro a controlar que se están a cumprir as medidas vixentes para frear a expansión do virus.

No conxunto da comunidade galega, os axentes actuaron nun total de 23 concellos, nos que que se rexistraron 97 operativos cun total de 121 inspeccións, con máis de 600 persoas identificadas e 28 denuncias tramitadas. Estes dispositivos enmárcanse no seo da colaboración entre as forzas e corpos de seguridade do Estado, cada unha no marco das súas competencias.

Durante os operativos, os axentes controlaron que nos establecementos abertos ao público, terrazas e espectáculos públicos se estaban a cumprir as medidas aprobadas polas autoridades sanitarias para facer fronte ao Covid-19, como o uso obrigatorio de máscara, o cumprimento da distancia de seguridade, así como o aforo e o horario de peche dos locais e a prevención do botellón, tal e como se informa dende a Xunta de Galicia.

Artigos relacionados

Back to top button