OurenseÚltima hora

A Policía Autonómica tramita 15 denuncias no concello de Ourense tras as novas restricións fronte ao Covid

Realizaba 73 inspeccións neste municipio tras a entrada en vigor na medianoite do pasado venres das novas medidas de Sanidade

Vehículo da Policía Autonómica.

 

Dende a entrada en vigor na medianoite do pasado venres das novas restricións no concello de Ourense, os axentes da Policía Autonómica tramitaron un total de 73 inspeccións e 15 denuncias neste municipio, tal e como se informa dende a Vicepresidencia primeira da Xunta.

A Policía Autonómica levou a cabo este dispositivo no marco do plan de actuacións específicas destinadas á prevención, inspección e control do cumprimento das medidas adoptadas polas autoridades competentes para evitar a propagación do coronavirus. E isto aplicábase despois de que a Consellería de Sanidade acordara no subcomité clínico que fai seguimento da evolución da covid-19 en Galicia, a prohibición de reunións de persoas non convivintes no concello de Ourense, mantendo no barrio ourensán do Couto, as restricións de consumir no interior de bares e cafeterías.

As inspeccións centráronse no control de fumadores na rúa e en terrazas, aglomeracións, festas privadas, o uso obrigatorio da máscara e o cumprimento da distancia de seguridade, aforos, horario de peche e as medidas sanitarias en terrazas, espectáculos públicos e nos establecementos abertos ao público. Este operativo enmarcase no seo da colaboración entre as forzas e corpos de seguridade do Estado, cada unha no marco das súas competencias.

 

Artigos relacionados

Back to top button