OurenseÚltima hora

A Policía de Ourense celebra o seu patrón

A Festa dos Anxos Custodios, que incluía un acto central no Teatro Principal, tiña lugar o 2 de outubro
Asistentes á celebración, tras a misa oficiada na catedral de Ourense.
Asistentes á celebración, tras a misa oficiada na catedral de Ourense.

Cunha celebración na Catedral de Ourense comezaba o programa festivo co que a Policía Nacional celebraba o día do seu patrón, os Anxos Custodios, o 2 de outubro. De seguido tiña lugar un acto no Teatro Principal no que se entregaban unha serie de cruces ao mérito provincial, así como outros recoñecementos como diplomas. Con eles distinguíase o labor realizado polo Corpo, así como pola sociedade na procura da seguridade colectiva, co pano de fondo dos bos datos do descenso de criminalidade.

Neste acto interviña tamén o subdelegado do Goberno en Ourense, Roberto Castro, quen lle rendía “a máis gratificante das homenaxes, ao Corpo Nacional de Policía, e pido que todos e todas nos sumemos á mesma. Sen a vosa contribución, o benestar de Europa non se entendería; o benestar de España sería inconcibible”.

O delegado do Goberno en Ourense, na entrega de distincións no Teatro Principal.
O delegado do Goberno en Ourense, na entrega de distincións no Teatro Principal.

Castro tamén sinalaba que “a aventura de ser policía é unha viaxe á estrada da vocación permanente, de dedicación aos semellantes por riba dos condicionantes persoais que atan e callan. Por iso, agradezo a todo o colectivo, incluídas as súas familias, o seu permanente labor de ofrecemento e dedicación”. E incidía en que nesta “viaxe prominente e de aptitude cara á seguridade das persoas, quero agradecer tamén a responsabilidade de administracións, asociacións e colectivos que son partícipes de que Ourense teña unha das taxas de delincuencia máis baixa de todo o territorio nacional. Sen a colaboración de todos, estes índices non serían posibles”.

sub3

Artigos relacionados

Back to top button